← Volver atrás

Folla Fernández, Carlos

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 30/04/1981 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Perito mercantil e político, 28 anos. Casou o 08/09/1934 con Emilia María del Consuelo Gárate Sánchez-Bretaño; tiveron dúas fillas e dous fillos: Emilia, Guillermo, Jaime e María de la Concepción. Veciños da Coruña. Estudou na Escola de Comercio coruñesa e rematou os seus estudos de perito no ano 1928. No ano 1932 traballaba no Banco Pastor.

En xaneiro de 1935 formou parte da primeira xunta directiva da Falanxe na Coruña. Encarcerárono en abril de 1936 cando se ilegalizou o dito partido.

Represor.

Desde os primeiros días que seguiron ao golpe de Estado encadrouse nas milicias falanxistas e participou nas operacións de “limpeza, pacificación e control” na vangarda. Foi secretario comarcal dos falanxistas herculinos desde setembro de 1936 e encadrárono no Estado Maios da 8ª Rexión Militar co grao de alférez de Intendencia; en abril de 1938 era tenente.

No mes de novembro de 1939 participou no traslado a ombreiros dos restos de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia; foi concelleiro da Coruña e ocupou diferentes postos directivos na Falanxe coruñesa, ata que en novembro de 1943 caeu en desgraza; en marzo de 1944 expulsárono do Movimiento e inhabilitárono de xeito absoluto.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha