← Volver atrás

Gaiteiro Devesa, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Vedra
(A Coruña)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Fogueteiro e político, 37 anos. Veciño de Vedra.

Concelleiro e 3º tenente de alcalde de Vedra no ano 1931 polo Partido Agrario Socialista (PAS). Concelleiro e 3º tenente de alcalde de Vedra na corporación de 1932 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Elixido concelleiro e nomeado 3º tenente de alcalde de Vedra na corporación de 1935 polo Partido Republicano Independente (PRI). De novo concelleiro e 1º tenente de alcalde de Vedra na corporación de 1936 por Esquerda Republicana (ER); desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo.

Tiña como compañeiro na Corporación de Vedra de 1936, entre outras persoas, a Mariano Lema Lobato, procesado.

Fuxido. Encarcerado. Sancionado.

Foxe a Portugal despois do golpe de Estado de 1936. Logo pasou a Francia e á zona republicana de Levante.

En xullo de 1939 presentouse na Garda Civil de Santa María de Lestedo, Boqueixón (A Coruña).

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 1195/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Sancionárono ademais cunha multa de 2000 pesetas.

Tamén o procesaron en Santiago de Compostela na causa 197/47.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha