← Volver atrás

Galán Rodríguez, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Fernando
(Cádiz)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 34 anos.

Militante do PCE desde antes do comezo da guerra civil.

Exiliado. Encarcerado.

Cando comezou a Guerra Civil Española era tenente retirado da Garda Civil e achábase en Madrid. Nomeárono xefe da columna das milicias republicanas, que se dirixiron a Somosierra (Madrid) o día 21/07/1936. Logo sería un dos comandantes do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, e participaría en moitos dos enfrontamentos contra da ofensiva rebelde sobre a capital. Ascendérono a comandante a finais de 1936 e nomeado xefe da 22ª Brigada Mixta, 39ª División do XIII Corpo de Exército do Exército de Levante, coa que participou no primeiro ataque sobre Teruel en decembro de 1936, resultou ferido e relevado. Volveu participar no segundo ataque a Teruel de abril de 1937 e en maio ascendérono a tenente coronel da Garda Nacional Republicana e foi xefe da 39ª División na fronte turolense.

No mes de maio de 1937 envíano á Fronte Norte para encargarse da 4ª División do I Corpo de Exército de Euskadi, coa que participa na Batalla de Santander (Cantabria) e de onde se tivo que retirar coas tropas cara o Principado de Asturias. Evacuárono de Xixón co resto de xefes militares e políticos republicanos antes do 20/10/1937, cando cae a cidade nas mans dos sediciosos.

Volveu á zona centro republicana e ascendeu a coronel. En febreiro de 1938 manda as tropas do XX Corpo de Exército do Exército de Levante, que defenden Teruel, tendo que retirarse. Ao mando do XI Corpo de Exército do Exército do Este e despois do XII Corpo de Exército tamén do Exército do Este, defende a fronte catalá e, nos primeiros días de febreiro de 1939, pasa a Francia co resto das súas tropas.

O presidente do Goberno Juan Negrín López noméao, o día 04/03/1939, comandante da Base Naval de Cartagena (Murcia). Nomeamento mal acollido por oficiais e mariñeiros da base, ao tratarse dun mando de terra e líder destacado do PCE; isto da lugar a que as propias tropas o deteñan e liberárono cando renunciou ao mando.

Despois marchou ao exilio africano co resto da Frota. No exilio en Orán (Alxeria) ingresárono nun campo de concentración.

Máis tarde pasou a Chile e, finalmente, á República Arxentina, onde morre.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.