← Volver atrás

García Núñez, Abdón-Segundo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

San Xiao da Portela, Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Ponte Bibei, Pobra de Trives
(Ourense)
- 16/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 43 anos. Veciño da Portela. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), exercendo a avogacía nas terras de Valdeorras, onde tivo como pasante a Florencio-Manuel Delgado Gurriarán.

Procedente do Partido Nacionalista Republicano (PNR), militou e liderou o Partido Galeguista (PG), do que sería presidente no Barco de Valdeorras. Concienciado coa loita anticaciquil e defensor dos labregos.

Paseado.

Despois do golpe de Estado un grupo de falanxistas e gardas civís sacárono da súa casa a finais de agosto de 1936 e levárono á checa falanxista da Casa do Riocigüeño, no Barco de Valdeorras (Ourense), para trasladalo desde alí á capital provincial.

No traslado finou asasinado á altura da Ponte do Bibei, na estrada Ponferrada-Ourense.

Morte rexistrada en Vilamartín de Valdeorras a causa de “accidente”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha