Nacemento:
Morte:
Industrial e político, 40 anos. Casou en 1927 con María-Luisa Viéitez Soto. Veciños de Tui (Pontevedra). Era fillo dunha familia de cartos, dona da fábrica de curtidos La Perillana, en Ponteareas. Enxeñeiro técnico.
Instalados en Tui, no ano 1930 incorporouse como socio e xerente á empresa Oliveira, Valencia y Compañía, que producía a marca de galletas La Peninsular.
Elixido alcalde de Ponteareas o día 25/01/1924, durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, cargo que desenvolveu ata agosto de 1925, presentado a dimisión cando o gobernador civil destitúe a varios compañeiros da corporación da liña agrarista e socialista.
Na instauración da II República foi o primeiro alcalde republicano de Tui, cargo do que dimite a finais do ano 1933 e trasladase a Vigo. Militante de Esquerda Republicana (ER).
Procesado.
Despois da revolta militar librou do pelotón de fusilamento pola súa amizade co xeneral Emilio Mola Vidal, ao que trasladara en coche nunha viaxe a Portugal uns anos antes.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 1295/36, co resultado de sentenza de sobresemento e posto a disposición do delegado militar de Orde Pública.
No ano 1941 ábreselle un expediente de responsabilidades políticas.
Despois do remate da guerra civil pasou a vivir en Madrid.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.