← Volver atrás

Garrido Rodríguez, Manuel-Celso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado. Exiliado. Suicidio

Nacemento:

A Merca
(Ourense)
- 02/11/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Chile
(Chile)
- 06/10/1960 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, escritor e xornalista, 20 anos. Veciño de San Salvador de Sanguñedo, Verea (Ourense). Orfo de pai aos trece anos, era o maior de tres irmáns. No Instituto de Ourense foi alumno de Ramón Otero Pedrayo. Estudou maxisterio na Escola Normal de Ourense, rematando no ano 1933. Mestre interino da Escola Nacional Mixta de San Salvador de Sanguñedo, onde permaneceu ata xullo de 1936.

Militante das Xuventudes de Esquerda Republicana (XER) e vencellado ás Mocidades Galeguistas de Ourense coas que fixo a campaña electoral de febreiro de 1936 e a campaña de apoio ao Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Depurado. Encarcerado. Exiliado. Suicidio.

Despois do golpe militar destituírono no seu posto de mestre e permaneceu agochado oito meses en Parderrubias, despois de que un veciño o acusara de comunista.

Prendérono os falanxistas en marzo de 1937, ingresárono na Prisión Provincial de Ourense e condenárono a traballar no campo de concentración do Mosteiro de Oseira e na construción do campo de tiro do Cumial (Ourense). Pasou dous anos na cadea e cando o liberaron, mobilizárono á forza e enviárono ao Rexemento Milán nº 32 en Oviedo (Principado de Asturias) e, xa en maio de 1939 ao Parque de Artillería de Xixón (Principado de Asturias).

Ao remate da súa vida militar trasladouse, con identidade falsa e vestido de cura, a Lisboa (Portugal) en xuño de 1940; de alí pasou a Bos Aires (República Arxentina) e, en novembro de 1941, a Chile, onde traballou de xornalista e colaborou con varios xornais; foi delegado do Consello de Galicia en Chile. Amigo de Pablo Neruda e de Salvador Allende.

O día 02/11/1951 casou con Olga-Elena Bouzo Vidal (nada en Chile); tiveron dúas fillas e un fillo: Aurora-Elena, María-Milagros e José-Manuel.

Suicidouse en 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha