← Volver atrás

Gómez Mera, Josefa

Alcume: a Carbonera
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Executada

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 22/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleira, 54 anos. Casada co socialista Francisco Jiménez Rodríguez, asasinado o día 02/09/1936; tiñan dous fillos. Veciños da rúa San Sebastián, 45-2º, en Ferrol. Traballadora portuaria.

Militante da UXT e do PSOE. Dirixente da Sociedade de Cargadoras e Descargadoras e do Grupo Feminino Socialista de Ferrol.

Encarcerada. Executada.

Detida polos represores o día 22/08/1936 acusada de ser “destacada carbonera que empleó a varias acólitas suyas en el suministro del acorazado España”. Era capataz das mulleres que se encargaban de cargar e descargar o carbón no Arsenal de Ferrol.

Ingresada na Prisión Provincial da Coruña o mesmo día 22/08/1936 e fusilada un mes despois en Ferrol sen instrución de causa.

Morte rexistrada en Ferrol por mor de ser pasada polas armas diante dun pelotón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha