Nacemento:
Morte:
Labrego e cordoeiro, 30 anos. Casado; tiña dúas fillas. Era o pequeno de oito irmáns.
Exiliado. Encarcerado. Executado.
Cando se produce o alzamento militar traballaba de cordoeiro nunha cuadrilla de traballadores temporais en Córdoba.
Integrado no exército republicano durante a guerra civil, en decembro de 1936 acadou o grao de capitán de Infantería no 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, e combateu ás ordes do xeneral Enrique Liste Forján, Enrique Líster, en Madrid e Teruel.
Ao rematar a guerra civil pasou a Francia e internárono nos campos de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). En Nantes formou parte da 178ª Compañía de Traballadores Españois desde 1940 e sería o máximo responsable da resistencia francesa fronte aos nazis na zona inferior do Loira. Tamén serviu de enlace do PCE no exilio.
Detido pola Gestapo (policía secreta nazi) o día 22/08/1942, encarcerado, torturado e condenado a morte polo Tribunal Militar de Nantes o día 16/09/1942.
Fusilárono espido ás 16:00 h con outros 37 maquis, entre eles o seu paisano Benedicto Blanco Dobarro, de Avión (Ourense) e outros catro españois.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.