← Volver atrás

González Caride, Benigno

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Sancionado

Nacemento:

Amoeiro
(Ourense)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Canteiro e labrego, 41 anos. Veciño do Formigueiro, San Pedro de Trasalba, Amoeiro.

Militante do PSOE. Concelleiro e tesoureiro no Concello de Amoeiro, 2º tenente de alcalde.

Detido en novembro de 1934, con outros, por posesión de dinamita.

Fuxido. Sancionado.

Despois do golpe militar perseguírono os falanxistas; foxe e ocultouse nos outeiros do Coto do Corvo co seu cuñado Agustín Rivera Suárez (quen escaparía despois cara Portugal). Benigno foxe a Guadalaxara, onde permanece ata o remate da guerra civil traballando como canteiro.

Cando volve a Amoeiro acusárono dun desfalco nos seus tempos de tesoureiro e expropiáronlle unha vaca.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de sobresemento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha