← Volver atrás

González Pena, Manuel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 05/07/1969 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Garda civil, 36 anos. Veciño de Pontevedra. Cabo da Garda Civil

Represor.

Os seus veciños lémbrano como un home sen escrúpulos, que pegaba tundas e abusaba das mulleres.

O falanxista Luis Refojo Mariño morreu dun tiro en Sabarís, o día 13/10/1936, nunha tentativa de captura dos irmáns Luis López Luis e José López Luis, os Ineses, operativo que dirixía o cabo da Garda Civil Manuel González Pena, sinalado polos veciños como “un sen vergoña, un abusón de mulleres”. Despois da morte de Refojo no enfrontamento, os agochados tentaron fuxir e finaron asasinados polas forzas represoras xunto coa criada da casa onde se acubillaban, Dolores Samuelle Álvarez.

Soterráronos aos tres nunha fosa común; Dolores entre os dous homes, outro xeito de represión.

A nove persoas do Val Miñor, que sacaron da prisión do frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, fusiláronas ao día seguinte, 16 de outubro de 1936, un grupo de falanxistas na represalia pola morte o día anterior de Luis Refojo, de Sabarís, represor e asasino.

Os fusilados neste lugar e data foron: Manuel Aballe Domínguez, mariñeiro; Manuel Barbosa Durán, mariñeiro; Modesto Fernández Rodríguez, mariñeiro; Elías-Alejandro Gonda Alonso, labrego; Fidel Leyenda Rodríguez, mariñeiro; Manuel-Francisco Lijó Pérez, mariñeiro; Felicísimo-Antonio Pérez Pérez, mariñeiro; José Rodríguez González, mariñeiro, e Generoso Valverde Iglesias, mariñeiro.

Asasinatos rexistrados no quilómetro 58 da estrada de Pontevedra-Camposancos, na coñecida como "A volta dos nove".

González Pena acadaría o grao de tenente e finou en Pontevedra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha