Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 25 anos. Mariñeiro do vapor Alfonso Senra da Naviera Celta, barco capturado no Cantábrico pola armada franquista.
Executado.
O barco quedara na zona republicana ao comezo da guerra civil e capturárono dous bous franquistas (Argos e Ciriza) a altura do Cabo Torres, Xixón (Principado de Asturias) o día 11/09/1936. Iba cunha carga de víveres con destino a Xixón, levárono a Ferrol e arrestaron á tripulación. Entre o 15 e o 18 dese mesmo mes de setembro os golpistas asasinaron á metade da tripulación.
Morte rexistrada no cemiterio de Canido a causa de ser pasado polas armas e sen xuízo.
Nesa data executaron os seguintes membros da tripulación do vapor Alfonso Senra: José-Salvador González Gudín, 41 anos, Manuel Muñiz García, 62 anos, Avelino Mourente Rivero, 30 anos, Juan Lijó Pérez, 26 anos, Manuel González Santurio, 40 anos, Alfonso Barroso Martínez, 36 anos, José Casais García, 35 anos, Vicente Paz Abrodes, 37 anos, Eugenio Villares Romero, 50 anos, Ramiro Patiño Salgado, 36 anos, Manuel Muñiz Casal, 26 anos, Vidal-Justo Méndez González, 25 anos, José-Ramón Sánchez Piñeiro, 26 anos, Antonio González Pérez, 25 anos e Fernando González Rego, 27 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.