Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 37 anos. Veciño de Ferrol. Mariñeiro engraxador do vapor Alfonso Senra da Naviera Celta, barco capturado no Cantábrico pola armada franquista.
Executado.
Morte rexistrada no cemiterio de Canido ao ser pasado polas armas polos golpistas sen xuízo.
O barco Alfonso Senra quedara na zona republicana ao comezo da guerra civil e capturárono dous bous franquistas (Argos e Ciriza) a altura do Cabo Torres, Xixón (Principado de Asturias) o día 11/09/1936. Iba cunha carga de víveres con destino a Xixón, levárono a Ferrol e arrestaron á tripulación. Entre o 15 e o 18 dese mesmo mes de setembro os golpistas asasinaron á metade da tripulación.
O día 15/09/1936 fusilaron no cemiterio de Canido, na aplicación dos bandos de guerra, a: Eduardo Angustia Álvarez, 32 anos, fogueiro; Faustino Dios Vidal, 45 anos, mariñeiro; Arturo González Rodríguez, 40 anos, maquinista, e Carlos Mayobre Calderón, 33 anos, 2º oficial deste vapor.
Na data do 17/09/1936 tamén executaron os seguintes membros desta tripulación: Alfonso Barroso Martínez, 36 anos, caldeireiro; José Casais García, 35 anos, mariñeiro; José-Salvador González Gudín, 41 anos, mariñeiro; Antonio González Pérez, 25 anos, mariñeiro; Fernando González Rego, 27 anos, mariñeiro; Manuel González Santurio, 40 anos, mariñeiro; Juan Lijó Pérez, 26 anos, mariñeiro; Vidal-Justo Méndez González, 25 anos, fogueiro; Avelino Mourente Rivero, 30 anos, mariñeiro; Manuel Muñiz Casal, 26 anos, fogueiro; Manuel Muñiz García, 62 anos, fogueiro; Ramiro Patiño Salgado, 36 anos, fogueiro; Vicente Paz Abrodes, 37 anos, engraxador; José-Ramón Sánchez Piñeiro, 26 anos, mariñeiro e Eugenio Villares Romero, 50 anos, fogueiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.