Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 46 anos. Veciño de Camariñas. Mariñeiro do vapor Alfonso Senra da Naviera Celta.
Executado.
O barco quedara na zona republicana ao comezo da guerra civil e capturárono dous bous franquistas (Argos e Ciriza) a altura do Cabo Torres, Xixón (Principado de Asturias) o día 11/09/1936. Iba cunha carga de víveres con destino a Xixón, levárono a Ferrol e arrestaron á tripulación. Entre o 15 e o 18 dese mesmo mes de setembro os golpistas asasinaron á metade da tripulación.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Ferrol, acusado de formar parte do “comité rojo” do vapor Alfonso Senra, co resultado de sentenza á pena de morte.
Morte rexistrada en Ferrol por fusilamento na aplicación dos bandos de guerra.
O día 15/09/1936 fusilaron no cemiterio de Canido, en Ferrol, na aplicación dos bandos de guerra, a: Eduardo Angustia Álvarez, 32 anos, fogueiro; Faustino Dios Vidal, 45 anos, mariñeiro; Arturo González Rodríguez, 40 anos, maquinista, e Carlos Mayobre Calderón, 33 anos, 2º oficial deste vapor.
Na data do 17/09/1936 executaron os seguintes membros desta tripulación: Alfonso Barroso Martínez, 36 anos, caldeireiro; José Casais García, 35 anos, mariñeiro; José-Salvador González Gudín, 41 anos, mariñeiro; Antonio González Pérez, 25 anos, mariñeiro; Fernando González Rego, 27 anos, mariñeiro; Manuel González Santurio, 40 anos, mariñeiro; Juan Lijó Pérez, 26 anos, mariñeiro; Vidal-Justo Méndez González, 25 anos, fogueiro; Avelino Mourente Rivero, 30 anos, mariñeiro; Manuel Muñiz Casal, 26 anos, fogueiro; Manuel Muñiz García, 62 anos, fogueiro; Ramiro Patiño Salgado, 36 anos, fogueiro; Vicente Paz Abrodes, 37 anos, engraxador; José-Ramón Sánchez Piñeiro, 26 anos, mariñeiro e Eugenio Villares Romero, 50 anos, fogueiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.