Nacemento:
Morte:
Labrego, 36 anos. Casado con Jesusa Fernández Arias. Veciños de Noudelo, San Fiz de Donís, Cervantes (Lugo), de onde era a súa dona.
Encarcerado. Morte en enfrontamento.
Ingresado no depósito de Becerreá (Lugo) o día 17/03/1937 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1132/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Xuízo contra varios veciños de Cervantes e Navia de Suarna.
A sentenza condenou a cadea perpetua a: Hilario González Quiroga, Bernardino López Arias e Armando Pérez Arias; condenaron a prisión temporal a Valentín López Méndez. O auto foi absolutorio para: Amable Fernández Méndez e Manuel Fernández Méndez, e declarou fuxidos a: Teodoro Fernández Arias, Manuel García Alonso, Francisco González Arias, Teolindo González Arias, Segundo Martínez González, Manuel Pérez Arias e José-Ramón Pérez González. Tamén procesaron a: José López Lombardía, Manuel Pérez López e Antonio Trabado Brañas.
Hilario entregouse ás novas autoridades no ano 1938; enviárono tres anos á prisión de Lugo e, logo, a un campo de concentración en Toledo o día 11/01/1942, do que se fuga ese mesmo ano.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.
Xa en liberdade integrouse na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), onde morre pouco despois.
Produto dunha delación, ao seu grupo cercárono forzas conxuntas da Garda Civil, do Terzo e da Policía Armada en Cantejeira. No enfrontamento morreron Hilario González Quiroga; Gerardo Lamas Cerezales; Sinforiano Alba Abella, o Tato, e Armando Pérez Arias. Tamén finou o policía Faustino Pardo Hernández. Da redada só puido fuxir con vida o guerrilleiro Pedro Lamas Cerezales.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.