← Volver atrás

González Rivas, Siervo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Mondoñedo
(Lugo)
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Rocha, Mondoñedo
- 11/01/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, labrego, sindicalista e político, 47 anos. Casado; tiñan catro fillos. Veciños da rúa Febreiro, 2, en Mondoñedo. Funcionario do Concello de Mondoñedo, recadador de arbitrios.

Correspondente en Mondoñedo de Solidaridad Obrera.

Durante a II República foi secretario local do Sindicato Único de Profesións Varias de Mondoñedo, vencellado á CNT. Presidente da Comisión Inspectora da Oficina Local de Colocación Obreira en 1934.

Nas eleccións de 1933 presentouse como candidato pola provincia de Lugo no partido Unión Socialista Galega (USG), creado ese mesmo ano e disolto tamén a finais de 1933. Despois sería dirixente do Partido Sindicalista (PS) en 1936.

Depurado. Encarcerado. Paseado.

Despois do golpe de Estado depurárono e expulsárono do seu posto de traballo.

Morte rexistrada en Mondoñedo, entre as 04:00 h e as 05:00 h, a causa de traumatismos por disparo de arma de fogo.

Nesta acción represora asasinaron a: Siervo González Rivas, funcionario; Graciano Paz Amieiro, latoeiro, e Manuel Rodríguez Núñez, dependente.

Os corpo sen vida apareceron na Travesa dos Remedios, preto do cemiterio de Mondoñedo.

Resultaran detidos por unha denuncia anónima, sacáronos do depósito de Mondoñedo e asasinounos un piquete de gardas civís e falanxistas, que mandaba o brigada da Garda Civil Manuel Galende Fernández.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha