Nacemento:
Morte:
Xornaleira e política, 58 anos. Casada con Domingo Fernández Lago, asasinado. Veciños do barrio da Bouciña, Santa Cristina de Lavadores, Vigo. Nai de Alfredo Fernández González, tamén paseado. Traballaba ao xornal.
Paseada. Sancionada.
Despois do golpe militar agochou na súa casa refuxio de Cabral a varios fuxidos, para o que construíu unha cova na Bouciña, onde coa súa nora Mercedes prestou axuda aos que escapaban dos fascistas.
O día 15/03/1937 detivérona, con outros familiares, as forzas represoras ao mando do capitán da Garda Civil, Francisco González Rodríguez, o Rabioso. Represores nos que se contaban falanxistas, cívicos e gardas civís.
Matilde González Rodríguez finou asasinada polos falanxistas no cemiterio de Lavadores, xunto co seu fillo Alfredo Fernández González, a súa nora Mercedes Posada González, o irmán desta, Paulino Posada González, e o seu neto Alfonso Fernández Posada. O seu home, Domingo, consegue fuxir da matanza, pero asasinárono vinte días despois.
Morte rexistrada no cemiterio de Lavadores a causa de feridas por disparos de arma de fogo.
En febreiro do ano 1940 o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña sancionouna cunha multa de 1000 pesetas. Indultárona no ano 1957.
Os falanxistas embargáronlles os bens e queimáronlles a casa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.