Nacemento:
Morte:
Panadeiro, 24 anos. Veciño da Coruña. Irmán de Juan Hermida Iglesias, exiliado.
Pertencía ao Sindicato de Panadeiros, vencellado á CNT. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Fuxido. Encarcerado. Exiliado.
Benjamín figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Despois do golpe de Estado fuxiu, como o seu irmán Juan, cara o Principado de Asturias.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de traizón co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Foxe a Francia, a onde chega en barco a Arcachón (Gironda, Nova Aquitania, Francia), e confinárono nun campo de refuxiados.
Viviu en Francia como exiliado.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.