← Volver atrás

Jeremías Montero, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 28/05/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Guadalaxara
(México)
- 10/09/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial, escritor e político, 47 anos. Casou no ano 1915 con Concepción Carlés Romero. Veciños de Pontecesures (Pontevedra). Irmán de José Jeremías Montero, encarcerado. Foi dono dunha fábrica de chocolates en Pontecesures.

No ano 1912 elixírono presidente da Xuventude Republicana de Santiago de Compostela. Alcalde da súa localidade de Pontecesures do 05/06/1931 ao 29/07/1936; na derradeira etapa por Esquerda Republicana (ER).

Fuxido. Exiliado.

Cando deu comezo a guerra civil pasou á zona leal e desenvolveuse como auxiliar de Xustiza en Belchite (Zaragoza) e, en maio de 1938, trasladárono ao Xulgado Especial Xeral de Evasión de Capitais de Barcelona.

Coa derrota republicana marchou a Francia e desde alí a México; chegou a Veracruz o día 27/07/1939 no vapor Mexique.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha