← Volver atrás

Jérez Rodríguez, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Executada

Nacemento:

Fervenza, Santa Mariña do Monte, O Barco de Valdeorras
(Ourense)

Morte:

Montearenas, Ponferrada
(León)
- 03/05/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Leiteira. Compañeira de Abelardo Macías Fernández, Liebre. Veciña de Fervenza.

Militante da CNT.

Encarcerada. Executada.

Carmen pertencía a unha familia marcada pola represión franquista.

No ano 1944 era enlace da guerrilla antifranquista e tiña contacto con Consuelo Rodríguez López, Chelo.

O día 24/01/1944 detivérona os represores franquistas.

Xulgada no Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 75/44.

Presa en Ourense, acusárana de colaborar coa guerrilla despois de que a prenderan en Fervenza tras do combate no que morreu o fuxido Manuel Rodríguez Rodríguez.

Detida de novo o día 25/07/1946 na Fervenza por seis homes da Brigadilla de Servizos Especiais da Garda Civil de Ponferrada (León), disfrazados de guerrilleiros e que mandaba o tenente Gregorio González Villalaín. Ao non querer informar do paradoiro de Abelardo Macías, levárona presa á Rúa de Petín (Ourense), onde a mantiveron dous meses e despois trasladárona á prisión de Ponferrada (León). As forzas represoras quixeron facer crer ao pobo que todo fora obra dos homes do monte; a testemuña do seu veciño e enlace (logo guerrilleiro) Antonio López Núñez, Objetivo, clarexou as cousas.

O día 03/05/1947, nove meses despois da detención, apareceu morta nunha gabia en Montearenas, con dous tiros na cabeza. Os seus gardas violárona mentres a tiveron presa en múltiples ocasións e finalmente asasinárona; estaba en estado de catro meses por mor das moitas violacións que tivo que padecer.

O seu cadáver apareceu nunha cuneta xunto á tapia do cemiterio de Montearenas, lugar onde executaron e soterraron a moitos republicanos do Bierzo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha