← Volver atrás

Laciana González, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 26/05/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Perito mercantil e político, 30 anos. Casou con Mercedes García Vela; tiveron dous fillos: José-Enrique e Andrés-Carlos. Veciños da Coruña. Empregado do Banco Pastor.

No ano 1933 foi un dos fundadores das Xuntas de Ofensiva Nacional Sidicalista (XONS) na Coruña, dentro da Falanxe desta cidade.

Falanxista. Estivo preso durante dous meses na Prisión Provincial da Coruña.

En xullo de 1936 era vogal da Asociación Provincial de Empregados de Banca e Bolsa coruñesa e vogal, tamén, no Sindicato Obreiro de Oficios Varios.

Represor.

Participou, colaborou e foi enlce desde o primeiro momento cos golpistas.

Integrouse nas milicias falanxistas de choque e participou na "limpeza, pacificación e control" na Coruña; foi un dos principais responsables da depuración represiva e para-legal na Coruña. Empuñou as armas e combateu de xeito activo contra persoas frontepopulistas, colaborando coa Garda Civil e os falanxistas.

En agosto de 1936 marchou á fronte de guerra coa Bandeira Lexionaria Galega e en decembro de 1936 nomeárono sub-xefe provincial das Milicias. Logo ocupou cargos de relieve na Falanxe coruñesa.

En novembro de 1939 partcipou no traslado dos restos de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia.

Foi conselleiro nacional do Movimiento e tesoureiro nos anos sesenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha