← Volver atrás

Lagares Gómez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Betanzos
- 28/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, sindicalista e político, 53 anos. Casado con Josefa García Pandelo; tiñan tres fillos: José, Ricardo e Manuel. Veciños da rúa Saavedra Meneses, 30A, en Betanzos. Nos últimos anos fora inspector de arbitrios municipais.

Membro da Agrupación Socialista (AS) de Betanzos, na que desenvolveu cargos directivos, sendo vogal en 1934 e depositario en 1936; organizador en 1931 da Cooperativa Socialista. Fundador de sociedades obreiras e agrarias na II República. Concelleiro na primeira corporación republicana en Betanzos no ano 1931.

Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado.

Os franquistas prenderon a: Camilo Naveira Ferreño, CNT; Bernardo Miño Abelenda, PSOE; Antonio Lagares Gómez PSOE; Manuel Fernández Pérez, o Chacho, PCE, e Francisco Moreno Vilariño, PSOE. Leváronos á Coruña e notificáronlles que non había cargos contra deles.

Devolvéronos ao cuartel da Garda Civil de Betanzos. Ás 02:00 h conducíronos á caseta dos peóns camiñeiros de San Paio, no quilómetro 2 da estrada de Betanzos-Ferrol, onde os fusilaron sobre as 03:00 h. A Francisco Moreno Vilariño dérono por morto pero sobreviviu á masacre.

Morte rexistrada por mor de hemorraxia interna intracranial e cerebral.

O seu cadáver apareceu na Ponte San Paio, San Martiño de Tiobre, en Betanzos.

Soterrárono no cemiterio de Betanzos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha