← Volver atrás

Ledo Santoandré, Virgilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Chantada
(Lugo)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Funcionario municipal, xornalista e político, 40 anos. Solteiro. Veciño de Chantada. Emigrado en Cuba, onde traballou como redactor en varias revistas. Durante a II República foi oficial do Concello de Chantada.

Á súa volta administrou La Voz del Agro de Chantada.

No ano 1932 era secretario de Xuventude Agraria. Secretario da Sociedade de Labregos de Centulle, San Xurxo de Asma, Chantada. Vicepresidente da Federación Labrega Liga Provincial Agraria de Lugo. Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). No ano 1934 era secretario da Asociación Republicana e delegado do Comité Provincial de Esquerda Republicana (ER). En 1936 designárono compromisario para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.

Encarcerado. Sancionado.

Despois do golpe militar arrestárono os rebeldes o día 13/08/1936 sen procesamento xudicial.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o mesmo día 13/08/1936.

Puxérono en liberdade na cadea de Lugo o día 14/05/1938.

Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1942 co resultado de sanción.

Na etapa franquista traballou como apoderado da empresa Auto Industrial en Ourense.

Rehabilitado no ano 1977, reincorporouse no corpo de funcionarios do Concello de Chantada e, ao mesmo tempo, xubilárono pois contaba 81 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha