← Volver atrás

Liñares Rama, José

Alcume: Pepe de Rama
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Axustizado

Nacemento:

Ordes
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ordes 11/02/1947.

Biografía

Zapateiro e político, 30 anos. Casado con Manuela Liñares Vilariño. Veciños da rúa dos Lagartos, en Ordes.

Falanxista. Xefe de Falanxe en Ordes.

Represor. Axustizado.

Chegou a auto-alcumarse O Vinte e oito, xa que presumía de ter matado a 28 persoas das esquerdas.

A Pepe de Rama acusábao a guerrilla antifranquista de ser o autor do asasinato de 36 persoas despois do golpe militar.

Os guerrilleiros do Destacamento Dourado Xaneiro, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), entraron na súa casa o día 11 de febreiro e disparárono ata matalo; logo fuxiron sen deixar rastro. Semella que o autor dos tiros foi Antonio Nouche Costa, quen estaba na compañía de José Blanco Núñez, Ferreirín.

Morte rexistrada por mor de varios disparos de arma curta de fogo sobre as 22:30 h.

Á súa dona ferírona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha