← Volver atrás

López Armesto, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Martiño de Castro, Paradela
(Lugo)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monforte de Lemos
(Lugo)
- 16/12/1982 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, comerciante e político, 43 anos. Casado. Veciños de Paradela. Irmán de Elías López Armesto, morto en enfrontamento, e de Hermenegildo López Armesto, perseguido. Emigrou moi novo a Cuba e logo a Nova York (Estados Unidos), onde traballou nun hotel e na firma de ascensores Otis. Nunha viaxe a Paradela decidiu casar e instalou alí un comercio.

Na II República elixírono alcalde de Paradela, en abril de 1933, cando militaba no Partido Republicano Galego (PRG). Integrouse en Esquerda Republicana (ER) e logo do triunfo da Fronte Popular (FP), en febreiro de 1936, repuxérono no cargo de alcalde.

Fuxido. Encarcerado.

Foxe despois do alzamento e agochouse en Santa María de Reiriz, O Saviñao (Lugo), co alcalde de Sarria Antonio Páramo Sánchez.

Ao rematar a guerra entregouse ás novas autoridades.

Ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 08/03/1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 378/41, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de reclusión temporal segundo resolución do día 16/03/1942.

Trasladado ao campo de concentración da praia de Arnao, Figueras, Castropol (Principado de Asturias) o día 30/11/1940.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1942.

Cando o puxeron en liberdade instalouse en Monforte de Lemos (Lugo), onde montou un bar e un ultramarinos e alí morreu en 1982 vítima dun atropelo nun paso de peóns.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha