← Volver atrás

López Ayán, María-Teresa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 39 anos. Casou o día 21/05/1919 con Maximino Amaro, do que enviuvaría no ano 1937; tiveron un fillo e dúas fillas: Alfredo Amaro López, Ofelia Amaro López e Libertad Amaro López, tamén encarcerados. Veciña de Repil, San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo).

O seu xenro Jesús Costoya López, Senén, ao coincidir na casa de Teresa con guerrilleiros antifranquistas, púxoo no coñecemento do comandante da Garda Civil en Ponferrada (León) Miguel Arricivita Vidondo; sendo o causante polo tanto das matanzas do Piricallo e de Repil; polas súas delacións Jesús era recompensado mensualmente polos represores.

Encarcerada.

Como os da familia veciña, os López Casanova, na súa casa de Repil tiveron acubillados en varias ocasións e desde setembro de 1947 a varios membros da guerrilla.

Por mor da coñecida como batalla do Piricallo e Repil, en Chavaga, do día 20/04/1949 entre guerrilleiros agochados nestas casas e un numeroso grupo de forzas da Garda Civil, prenderon a Teresa.

Xulgada en consello de guerra polo delito de encubridora de grupos armados co resultado de sentenza a dez anos de prisión.

Presa en Quiroga (Lugo), en Lugo e na Prisión Provincial de Mulleres en Madrid, pasou tres anos na cadea.

Tanto ela coma os tres fillos na cadea puideron evitar o cárcere previo pago de 3000 pesetas; como non foron quen de acadar esta suma tiveron que cumprir parte das penas ás que os condenaron.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha