Nacemento:
Morte:
Comerciante e viticultor, 43 anos. Veciño de Santa Comba de Córgomo. Irmán de Arturo López Delgado, Arturín, morto en enfrontamento.
Tesoureiro do Partido Galeguista (PG) en Vilamartín de Valdeorras, do que sería co-fundador. Tenente de alcalde de Vilamartín de Valdeorras no ano 1936.
Fuxido. Executado.
No primeiro momento do golpe foi dos que fixo fronte aos rebeldes e, cando se esgotou a munición, agocháronse no monte.
No outono de 1936 foxe ao Principado de Asturias. Durante a guerra civil combate no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias do exército republicano na fronte asturiana. Cando se produce a caída da Fronte Norte volve a Valdeorras en novembro de 1937.
Integrouse na guerrilla, no grupo de Córgomo, que lideraba Antonio Arias Prada, Clavel, e que operou nas terras de Valdeorras desde finais de 1937 ata finais de 1939. Finalmente detivérono en Ourense o día 07/11/1940.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 796/39 con cinco compañeiros máis, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono en Ourense xunto con Antonio Arias Prada.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.