← Volver atrás

López González, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Depurado

Nacemento:

Arroyomolinos de Montánchez
(Cáceres)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 26 anos. Solteiro. Veciño e mestre de Atios, Santalla de Valdoviño, Valdoviño (A Coruña).

Militante da UXT. Vogal da xestora municipal de Valdoviño e asesor do alcalde.

Paseado. Depurado.

Detido polos fascistas e ingresado no Plus Ultra.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña), o día 04/12/1936, polo delito de auxilio á rebelión na causa 368/36.

Neste xuízo condenaron á pena de 12 anos e un día de prisión a: Manuel Díaz Lagoa, José López Beceiro, José Méndez Montero, Francisco Rivera Bouza e Bernardino Rodríguez Quintiá; tamén condenaron á cadea a Andrés Vergara Bacorell e declararon fuxido a Frutos Burgos Ramos. Aparecen ademais nos autos: José Ambrós Gordillo e Manuel López González.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista. Asasinado segundo unhas fontes en Ferrol e segundo outras en Valdoviño.

As testemuñas indican que o sacaron do barco con outras catro ou cinco persoas, porque alguén dixera que sabían onde se agochaban as armas en Valdoviño. Leváronos a Mugardos e entregáronos a un grupo de falanxistas que os asasinaron; os represores xustificáronse indicando que tentaran fuxir e disparáronos. Os documentos do xulgado indican que apareceu morto en Ferrol.

Nesta acción pasearon, entre outras persoas, a: José Ambrós Gordillo, mestre; Manuel López González, mestre, e Manuel López López, funcionario.

A Manuel López e certo que tentaron asasinalo, ferírono na cabeza pero sobreviviu, escondeuse en Vilar de Mouros, Santa María de Cabalar, A Capela (A Coruña), na casa do tamén mestre José Calvo García e despois volveu en tren ao seu pobo en Cáceres, co seu irmán Alfredo.

Para despistar a súa familia fixéralle funerais en Valdoviño.

Separado do servizo e dado de baixa na escala de mestres.

En Cáceres non se tiñan noticias do que ocorrera en Valdoviño e mobilizárono os golpistas, pasando polas frontes de Teruel, Tarragona e Barcelona; rematou a guerra civil co grao de alférez ou tenente de complemento.

Casou, tivo dous fillos e refixo a súa vida como policía, non contando nada do que lle ocorrera pois sempre temeu que o descubriran.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.