← Volver atrás

López Luis, José

Alcume: José dos Ineses
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Baiona
(Pontevedra)
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sabarís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
- 13/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 42 anos. Solteiro. Veciño de Sabarís. Irmán de Luis López Luis, tamén paseado. Estivo emigrado na República Arxentina e expulsárono deste país por combater a ditadura.

Membro da Sociedade Obreira de Sabarís. Anarquista.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra), o día 25/07/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de sobresemento definitivo.

Agochado co seu irmán na casa do cego de Sabarís Ventura Estévez, descubríronos os falanxistas e membros da Garda Civil, que dirixía o cabo Manuel González Pena. No enfrontamento mataron ao falanxista Luis Refojo Mariño; os irmáns tentaron fuxir e abatéronos os represores.

Morte rexistrada en Sabarís por mor dunha hemorraxia intracranial ás 12:30 h.

Os represores tamén mataron á criada do cego, Dolores Samuelle Álvarez, de 71 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha