Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 40 anos. Casado con Emilia Bonet Peñalver. Veciños de Lugo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Presidente da Organización Republicana Lucense no ano 1930. Tesoureiro en 1931 do Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García; ese mesmo ano presentouse como candidato nas eleccións ás Cortes Constituíntes sen conseguir acta de deputado. Concelleiro de Lugo en 1934 polo PRR, do que era secretario do Comité Provincial, e alcalde en outubro dese mesmo ano, cargo no que permanece ata febreiro de 1936. Despois foi dirixente de Unión Republicana (UR).
Camilo militaba nunha loxa masónica.
Encarcerado.
Despois do golpe militar detivérono os franquistas o día 07/09/1936 sen procesamento xudicial e ingresado na Prisión Provincial de Lugo ese mesmo día.
Puxérono en liberdade o día 27/01/1938.
Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas.
Procesárono no ano 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.