← Volver atrás

López Rodríguez, Alfredo

Alcume: Pixín
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Cariño
(A Coruña)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 12/07/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 31 anos. Casado con Benedicta Vidal; tiñan 3 fillos. Veciños de San Xoán de Espasante, Ortigueira (A Coruña).

Militante da CNT e membro do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Cariño.

Fuxido. Executado.

Foxe en xaneiro de 1938 e chega a Xixón (Principado de Asturias) no barco Ramón Galdo con outras nove persoas fuxidas.

Despois de loitar durante a guerra civil no exército republicano, ao caer a fronte asturiana agochouse en Xixón (Principado de Asturias) ata que o prenderon os sediciosos con outros oito compañeiros, en xaneiro de 1938, cando tentaban fuxir no barco Mary Eli á zona republicana.

Neste intento de fuga detiveron, entre outras persoas, a: Julio Fernández López; Modesto Lamelas Martínez, o Bicho, mariñeiro; Alfredo López Rodríguez, Pixín, mariñeiro; Manuel Martínez Pérez, mariñeiro; José Queiruga Allegue, mariñeiro; Manuel Reirís Servia; Bernardo Rodríguez Rubio, mariñeiro; Antonio Santamaría Cancio e Raimundo Vigil Alonso.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Ferrol polo delito de rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os franquistas na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha