Nacemento:
Morte:
Carteiro e labrego, 40 anos. Casado. Veciño de Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao. Irmán de Antonio Losada Ferreiro, fuxido e encarcerado, e de José Losada Ferreiro, tamén fuxido e encarcerado.
Militante da UXT desde o ano 1931. Un dos fundadores da Agrupación Socialista (AS) de Escairón.
Encarcerado.
Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 16/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo o 28/08/1936. Tamén pasou polo depósito de Mondoñedo (Lugo).
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 983/36, co resultado de sobresemento provisorio e posto a disposición do xuíz especial de detidos gobernativos segundo resolución do día 01/12/1936.
Procesado co seu veciño Amando Losada Díaz, quen recibiu a mesma sentenza.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de auxilio á rebelión na causa 415/38; neste proceso acumuláronse varias causas.
Puxérono en liberdade o día 15/03/1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.