← Volver atrás

Losada Ferreiro, Antonio

Alcume: Canillas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

O Saviñao
(Lugo)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao
- 01/01/1956 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer, labrego e político, 37 anos. Solteiro. Veciño de Escairón. Irmán de José Losada Ferreiro, fuxido e encarcerado, e de Manuel Losada Ferreiro, encarcerado.

No ano 1931 militaba na UXT como membro da sociedade Trabajadores de la Tierra. Participou na fundación do Comité Republicano Socialista de Escairón.

Fuxido. Encarcerado.

Permaneceu en fuga despois do alzamento militar.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar e auxilio á rebelión, na causa 415/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Xulgaron neste procedemento a varios veciños do Saviñao. Neste xuízo acumularon varias causas.

Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.

Entregouse ás autoridades golpistas o día 11/03/1940 con Ramón Pérez Bispo e Armando López Losada. Ingresárono na Prisión Provincial de Lugo ese mesmo día 11.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 32/41, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Xuízo contra varios veciños do Saviñao.

Neste proceso condenaron a 12 anos de cadea a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro e Ramón Pérez Bispo. Tamén enxuizaron a Luis Rodríguez Losada.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 300 do día 27/10/1941; quedara en liberdade o día 10 anterior.

Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.