← Volver atrás

Nieves Sánchez, Jesús

Alcume: Xastriño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

O Saviñao
(Lugo)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xastre e político, 23 anos. Solteiro. Veciño de Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao.

Encarcerado.

Prendérono os sediciosos, ingresárono no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 15/08/1936 e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 415/38, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Xulgaron neste proceso a varios veciños do Saviñao. Neste procedemento tamén acumularon a causa 729/36.

Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.

Trasladárono á Prisión Provincial da Coruña o día 20/03/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Arrestárono outra vez o día 18/04/1947 e liberárono o seguinte 12 de maio. Nova detención o 14/09/1948 e en liberdade o 25/10/1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha