← Volver atrás

Rodríguez Losada, Luis

Alcume: Caxatas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

O Saviñao
(Lugo)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Albanel, 28 anos. Casado. Veciño de San Salvador de Vilasante, O Saviñao.

Militante da UXT e dirixente do PSOE. Membro da Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Escairón.

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 11/03/1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar e auxilio á rebelión, na causa 415/38, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Xulgaron neste procedemento a varios veciños do Saviñao. Neste xuízo acumuláronse outras dúas causas.

Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 32/41. Xuízo contra varios veciños do Saviñao.

Condenaron a 12 anos de cadea a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro e Ramón Pérez Bispo. Tamén enxuizaron a Luis Rodríguez Losada.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, deixárono en liberdade condicional provisoria o día 16/10/1941, que se publicou no BOE nº 300 do día 27/10/1941.

Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha