← Volver atrás

López González, Germán

Alcume: Barriolo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Moreda, Santa María de Vilaescura, Sober
(Lugo)
- 23/05/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Albanel e político, 37 anos. Casado en 1926 con Josefa Quiroga Losada. Veciños de Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao (Lugo). Emigrou a América de mozo.

No ano 1934 era vogal da Agrupación Socialista (AS) e presidente da UXT no Saviñao. Membro da Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Escairón.

Durante a II República nomeárono delegado provincial de Traballo en Lugo.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o golpe militar foxe ao monte diante do temor a ser axustizado; despois marchou cara Santiago de Compostela (A Coruña), onde o prenden os rebeldes o día 18/08/1936.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polos delitos de rebelión e auxilio á rebelión, na causa 729/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Sacárono da cadea de madrugada para pasealo, con outros, pero logrou darse á fuga na estación do tren despois de recibir dous tiros.

Regresou a Escairón, onde fixo un zulo para agocharse. Ao remate da guerra civil presentouse ao gobernador civil, arrestárono o día 12/07/1939 e internárono na cadea en Monforte de Lemos (Lugo); trasladárono á cadea de Lugo o seguinte día 31.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 28/03/1940 polo delito de rebelión militar, na causa 415/38, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Xulgaron neste procedemento a varios veciños do Saviñao. Causa acumulada á 729/36.

Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.

Pena ordinaria conmutada pola de un ano e un día de prisión menor e concédeselle a liberdade condicional o día 26/08/1940.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.