← Volver atrás

Quiroga Losada, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Lugo

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada en 1926 co albanel e político Germán López González, Barriolo. Veciños de Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao (Lugo).

O seu home, no ano 1934, era vogal da Agrupación Socialista (AS), presidente da UXT no Saviñao e membro da Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Escairón; durante a II República nomeárono delegado provincial de Traballo en Lugo.

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe militar Germán foxe ao monte diante do temor a ser axustizado; despois marchou cara Santiago de Compostela (A Coruña), onde acaba prendido o día 18/08/1936; sacárono, con outros, de madrugada para pasealo, pero logrou darse á fuga na estación do tren, despois de recibir dous tiros e regresou a Escairón, onde fixo un zulo para agocharse.

Ao remate da guerra civil o seu home presentouse ao gobernador civil; xulgárono en Lugo no ano 1940 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 415/38, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión, que lle conmutaron pola dun ano e un día de prisión menor; concedéronlle a prisión atenuada o día 26/08/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha