← Volver atrás

Ramos Barro, Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Canteiro, 30 anos. Solteiro. Veciño de Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao (Lugo).

Militante da UXT e membro da Sociedad de Trabajadores de la Tierra. Tamén pertencía á Agrupación Socialista (AS) de Escairón.

Encarcerado.

Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 20/09/1936, de onde logra fuxir. Finalmente prendérono.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 415/38, co resultado de sobresemento provisorio. Enxuizaron neste proceso a varios veciños do Saviñao. Neste xuízo acumuláronse outras dúas causas.

Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.

Ingresado no campo de concentración de Rianxo (A Coruña) o día 01/02/1939.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha