← Volver atrás

Pérez Bispo, Ramón

Alcume: Peixuco
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Allariz (Ourense
- 18/11/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Saviñao
(Lugo)
- 18/07/2000 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Zapateiro e político, 31 anos. Casou en Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao, con Paz Losada Fernández; tiñan dúas fillas e un fillo: Elisa, Paz e Enrique. Veciños de Escairón. Con 23 anos trasladouse a Escairón, onde se estableceu como zapateiro.

Pertenceu á Agrupación Socialista (AS) do Saviñao, da que foi contador no ano 1935. Membro da UXT.

Detido na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, permaneceu varios meses no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo).

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe de Estado andou fuxido, pasando un tempo na fronte republicana de León durante a guerra civil.

Capturado polos sediciosos, pasárono a un campo de concentración do que logrou fuxir.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 415/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños do Saviñao. Acumulada á causa 729/36.

Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.

Entregouse ás autoridades en marzo de 1940 con Ramón Pérez Bispo e Armando López Losada.

Regresou a Escairón e permaneceu agochado nun pequeno burato na súa casa. A Garda Civil prendeu o día 04/03/1940 a parte da súa familia para que Ramón se entregara; entre eles á súa dona Paz e á súa cuñada Milagros Losada Fernández, ás que ingresaron no cárcere de Monforte de Lemos e logo en Lugo.

Ramón entregouse o día 08/03/1940 con Antonio Losada Ferreiro e Armando López Losada; aos seus familiares non os puxeron en liberdade ata o día 28/03/1940.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 09/03/1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 32/41, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Xuízo contra varios veciños do Saviñao.

Neste proceso condenaron a 12 anos de cadea a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro e Ramón Pérez Bispo. Tamén enxuizaron a Luis Rodríguez Losada.

Concédeselle a liberdade condicional provisoria o día 16/10/1941, que se publicou no BOE nº 300 do día 27/10/1941.

Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.