← Volver atrás

Nieves Ferreiro, Antonio

Alcume: Narote
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao
(Lugo)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/2019 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 23 anos. Veciño de Escairón. Irmán de Primitivo Nieves Ferreiro, encarcerado.

Durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 no Principado de Asturias foi un dos militares da base aérea de La Virgen del Camino (León) que participou nun movemento de apoio aos revolucionarios, facendo unha sabotaxe que impediu a descarga de bombas sobre Oviedo (Principado de Asturias).

Prendérono e un tribunal de guerra condenouno a 20 anos de cadea, reducida a 16 meses, que cumpre no Forte de Guadalupe, en Irún (Guipúscoa). Amnistiárono despois do triunfo da Fronte Popular (FP) e volveu a Escairón con Antonio Sánchez Quiroga, Follés, onde os recibiron con honores.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Cando se produce o movemento golpista foxe e agóchase nos montes.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 415/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Xulgaron neste xuízo a varios veciños do Saviñao. Neste procedemento tamén acumularon a causa 729/36.

Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.

Canso do frío e da fame nos agochos do monte volve a Vilasante e acubíllase nun zulo que constrúe na súa casa, armado cunha pistola e unha bomba de man.

Prendérono en marzo de 1940 con Ramón Pérez Bispo e Armando López Losada, pero aos 15 días saíu do calabozo grazas a unha tía súa, que consegue un informe favorable da Garda Civil.

Nos anos cincuenta volver ser detido e encarcerado en Quiroga (Lugo).

Exiliouse en Venezuela. Volveu a España e instalouse en Vigo, onde morre aos 106 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.