← Volver atrás

López Barro, Antonio

Alcume: o Ruso
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Naves, Llanes
(Principado de Asturias)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 29/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 30 anos. Solteiro. Veciño de Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao (Lugo). O alcume de Ruso débese a que de pequeno acollérono os donos da Fonda do Ruso. Empregado nas oficinas do Concello do Saviñao e nomeado fiscal municipal en xuño de 1931.

Militante da UXT. En 1931 era secretario da Agrupación Republicana (AR). No ano 1932 acada o cargo de secretario xeral da Agrupación Socialista (AS) de Escairón.

Despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 pasou tres meses no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo).

Executado.

Participou na formación dos grupos de obreiros do Saviñao, de Monforte de Lemos e de Sarria, que acudiron a Lugo no momento do golpe militar na defensa e apoio do Gobernador Civil republicano.

Prendérono os sublevados o día 25/07/1936 e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 29/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 09/12/1936 polo delito de rebelión militar e roubo de dinamita, na causa 242/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 14/12/1936. Tamén o multaron con 50.000 pesetas.

Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.

Fusilado ás 08:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil, preto do cemiterio de Lugo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha