← Volver atrás

Sánchez Quiroga, Antonio

Alcume: Follés
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

O Saviñao
(Lugo)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 14/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado e político, 23 anos. Solteiro. Veciño de Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao. Irmán de Bernardo Sánchez Quiroga, encarcerado, de Francisco Sánchez Quiroga, tamén encarcerado, e de Ramón Sánchez Quiroga, que pasou un tempo na cadea.

Durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 no Principado de Asturias foi un dos militares da base aérea de La Virgen del Camino (León), que participou nun movemento de apoio aos folguistas, facendo unha sabotaxe que impediu a descarga de bombas sobre Oviedo (Principado de Asturias). Detido, un tribunal de guerra condenouno a 20 anos de cadea, reducida a 16 meses, que cumpre no Forte de Guadalupe, en Irún (Guipúscoa). Co triunfo da Fronte Popular (FP) amnistiárono e volveu a Escairón con Antonio Nieves Ferreiro, Narote, onde os recibiron con honores.

Executado.

Despois do golpe militar arrestárono o día 06/08/1936 con Agustín Rouco Vilar e co seu irmán Bernardo .

Ingresárono no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 06/08/1936 e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 28/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 729/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Xulgaron neste procedemento a varios veciños do Saviñao. Este proceso acumularíase á causa 415/38, a Antonio xa o asasinaran.

Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.

Fusilárono os golpistas nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo con Agustín Rouco Vilar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.