Nacemento:
Morte:
Médico e político, 35 anos. Veciño de Tui (Pontevedra). Irmán de Hermenegildo Losada Loureiro, tamén médico e exiliado. Licenciado en Medicina no ano 1926 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Exerceu de médico en Maceira. Axente executivo de contribucións do Concello de Covelo desde febreiro de 1936.
Presidente da Fronte Popular (FP) en Tui, socialista.
Exiliado. Encarcerado.
Despois do movemento sedicioso agochouse na corte do gando do crego Jesús Domínguez Cambra, párroco de Melón (Ourense). Coa axuda dun curmán deste cura puido pasar a Portugal e, tempo andado, á zona republicana.
Tenente médico republicano en setembro de 1938 na Escola Popular de Guerra de Cataluña.
No ano 1938 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas.
Ao remate da guerra civil escapa a Francia, onde o ingresaron no campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
Despois puido exiliarse co seu irmán Hermenegildo Losada en México, chegando a Veracruz no Ipanema no mes de xullo de 1939.
En México exerceu a medicina. Na cidade de México abriu unha clínica médico-cirúrxica co seu irmán.
No ano 1940 os golpistas inhabilitárono por seis anos e castigárono coa perda total dos bens que lle embargaran.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.