← Volver atrás

Losada Loureiro, Hermenegildo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Salvador de Maceira, Covelo
(Pontevedra)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México
(México)
- 01/01/1985 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 37 anos. Veciño de Tui (Pontevedra). Irmán de Marcelino Losada Loureiro, tamén médico e exiliado. Licenciado en Medicina no ano 1925 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Instalouse en Tui, onde dirixe o Sanatorio Losada.

Foi un dos fundadores do Círculo Socialista de Tui e presidente da Fronte Popular (FP) na cidade tudense.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Presidiu o Comité de Defensa da República en Tui ata a caída desta cidade nas mans dos rebeldes golpistas o día 27 de xullo. Reuníranse 200 fusís entre carabineiros, mariñeiría e Garda Civil; formáronse tres columnas de defensa. Autorizou a requisa de armas e víveres.

Despois do triunfo dos sublevados logrou fuxir a Portugal co farmacéutico Ulpiano-Benito Piña.

Xulgado en dous procesos militares co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Pasou a Francia e despois á zona republicana, instalándose en Valencia, onde con outros correlixionarios participou na creación do Grupo de Socialistas Galegos. Foi xefe de Sanidade da 11ª Brigada Mixta.

No ano 1938 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas.

Ao remate da guerra civil escapa a Francia, onde o internaron no campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e, co tempo, no de Bran (Charente Marítimo, Francia).

Despois puido exiliarse co seu irmán Marcelino Losada en México, chegando a Veracruz no Ipanema no mes de xullo de 1939.

En México exerceu a medicina e de profesor no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. No país centroamericano abriu unha clínica médico-cirúrxica na cidade de México co seu irmán.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha