Nacemento:
Morte:
Farmacéutico e político, 51 anos. Casado con Dolores Piña; tiveron tres fillos. Despois casou con Carmen Castiñeira Fernández; tiveron unha filla e un fillo: Lidia de los Ángeles e Luis (nado en Cuba en 1939). Veciños de Tui (Pontevedra). Con 25 anos emigrou a Cuba, onde estudou Farmacia e doutorouse na Habana no ano 1921. Volveu para Tui, onde montou unha farmacia, laboratorio, droguería e óptica.
Militante do PSOE.
Exiliado. Sancionado.
Formou parte do Comité de Defensa da República de Tui fronte aos rebeldes do 20 ao 26 de xullo de 1936.
Cando o golpe dos militares foxe a Portugal co médico Hermenegildo Losada Loureiro; de Portugal embarca cara Francia e de ali cara Nova York EEUU) e, máis tarde, a Cuba, onde montou varias farmacias e xa nunca regresou á súa terra; estableceuse no Val de Caujerí onde desenvolveu unha intensa labor social e sanitaria.
Xulgado en consello de guerra polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Os seus bens saqueáronos e expropiáronos no mesmo ano 1936; requisáronlle a farmacia e outras vivendas.
Abríuselle un expediente de responsabilidades políticas co resultado de sanción de 500.000 pesetas (os veciños da cidade da Coruña compraran o Pazo de Meirás por 450.000 pesetas).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.