Nacemento:
Morte:
Tiña 18 anos. Mariño da Armada, mariñeiro pola súa quinta.
Militante do PCE.
Executado.
En xullo de 1936 achábase en Madrid de permiso, destinárono a Cartagena (Murcia) ao caer Ferrol (A Coruña) nas mans dos sublevados, e alistárono no destrutor Almirante Antequera. En decembro de 1936 incorporouse ao cruceiro lixeiro Libertad, buque insignia da Armada republicana e en 1937 como membro do Comité Central do Estado Maior da Frota; logo volveu ao Almirante Antequera. En decembro de 1938 ingresou como cabo telegrafista no gardacostas V-25 e despois no V-27. Na data do 05/03/1939 pasou coa frota republicana de Cartagena a Bizerta (Tunes) a bordo do Méndez Núñez.
Enviado ao campo de concentración de Meheri-Zebbeus (Tunes), a 400 quilómetros ao sur da costa, onde viviron illados e en moi malas condicións; logo pasou por un batallón disciplinario en Tunes.
Protagonista de varias fugas dos campos de traballo, chegou a Orán, onde o prenderon, encerraron e devolveron a un batallón disciplinario. Volveu a evadirse en varias ocasións máis.
Cando os aliados comezaron as accións en África, tempo no que traballaba de camareiro, contactou cos americanos, que o formaron con outras persoas para un comando de espionaxe en España e coa fin de coñecer as intencións de Francisco Franco Bahamonde sobre o desenvolvemento da campaña africana. Era a Operación Banana que se desenvolvería en Málaga.
Desembarcou nas costas de Nerja (Málaga) o día 17/09/1943, prendérono os franquistas en 1944 en Málaga e enviárono a Madrid.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Madrid polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte. Os franquistas sabían que era espía aliado pero mudaron a acusación para evitar incidentes diplomáticos cos americanos.
Fusilárono os franquistas nas tapias do cemiterio de Alcalá de Henares xunto con outros sete compañeiros e soterráronos nunha fosa común.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.