← Volver atrás

Martínez López, Antonio-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Ribadeo
(Lugo)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Prado dos Remedios, Mondoñedo
(Lugo)
- 12/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 32 anos. Casou en xaneiro de 1936 en San Lourenzo de Vilaframil, Ribadeo, con Concepción Fernández López. Veciños de San Lourenzo de Vilaframil.

Vicepresidente das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Ribadeo no ano 1934.

Fuxido. Paseado.

Prendérono os franquistas en Ribadeo o día 22/08/1936 e internárono no depósito de Ribadeo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 520/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 14/11/1936.

Enxuizado co seu veciño Benito López López, ao que castigaron coa pena de cadea perpetua.

Ingresado no depósito de Ribadeo o día 22/08/1936, do que o sacaron o día 11/09/1936 para darlle o paseo.

Morte rexistrada ás 01:00 h en Mondoñedo por mor dunha hemorraxia cerebral e perforación intestinal por feridas producidas por arma de fogo.

O seu cadáver apareceu no Prado dos Remedios.

Inscrito inicialmente como descoñecido e identificado o día 28/01/1941.

Asasinado polo xefe comarcal de milicias de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) Pablo de la Fuente Aguirre, quen xustificou a execución, como non, cun intento de fuga.

Nese lugar e data asasinaron a: Florencio Carballo Novigil, mariñeiro; Antonio-María Martínez López, labrego; Enrique Navarret García, mariñeiro, e Andrés Vale Blanco, xornaleiro.

Soterráronos nunha fosa común en Mondoñedo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha