← Volver atrás

Martínez Novo, Leonardo

Alcume: Leonardo do Barro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Pontedeume
(A Coruña)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontedeume
- 10/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 25 anos. Veciño e mestre de Pontedeume. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña) e rematou no ano 1930. Fundador e rexedor do Colexio-Academia Curros Enríquez en Pontedeume. Mestre provisional en Camariñas e Moeche, na provincia da Coruña. Aprobou os cursos de selección de mestres e destinárono a Pontedeume no ano 1936.

Paseado.

Detido no seu propio domicilio o día 05/08/1936 e confinado no depósito de Pontedeume.

Morte rexistrada a causa de feridas producidas por balas e que os asasinos xustificaron como un intento de fuxida.

O seu cadáver apareceu en Pontedeume despois de que lle deran o paseo.

Os paseados ese día en Pontedeume foron: José Allegue del Río, médico; Rodrigo Álvarez Pardo, avogado; José López Lourido, político, e Leonardo Martínez Novo, mestre.

O día 07/03/1948 a guerrilla antifranquista axustizou ao falanxista José-Manuel Otero Castro, ao que acusaron de ser o responsable da detención e paseo de Leonardo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha