Nacemento:
Morte:
Mestre, 49 anos. Casado con Avelina Sanmartín Fernández o día 10/01/1927 na Estrada; tiveron dous fillos e dúas fillas: José-Bernardo, David, Otilia e Petronila. Veciños de Teo (A Coruña). Era mestre nacional, perito contable. Rematou a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña) e emigrou a Cuba, onde traballa de mestre e contador no Centro Galego da Habana.
Volveu a España e obtivo praza provisoria de mestre en San Bartolomé de Pereira, Forcarei (Pontevedra); Santo André de Somoza, A Estrada (Pontevedra) e Santa Eulalia de Guilfrei, Becerreá (Lugo). No ano 1928 acada praza definitiva en Santa María de Teo, Teo, onde preside o Consello Local de Primeira Ensinanza.
Colaborou en varios xornais da época e foi un mestre que destacou por innovador; entre outras novidades, creou a escola nocturna para adultos.
Militante da Unión Socialista Galega (USG). Presidente da Asociación de Traballadores do Ensino de Santiago de Compostela, da UXT. Católico e republicano confeso.
Paseado. Depurado.
Cando se produce o golpe militar os milicianos republicanos, que se repregaban logo da caída de Santiago de Compostela (A Coruña), pasaron a informalo do estado das cousas. Bernardo decidiu refuxiarse na casa dos seus pais en Godoi; pensaba chegar alí, coa súa familia, nunha barca con destino a Cora pero interceptárono os falanxistas.
Recibiu unha malleira na Porta do Sol, na Estrada, por parte dunha manada de falanxistas, que o deixaron tirado e inconsciente. Persoas que o acompañaban levárono a unha casa onde o cuidaron uns días ata que, por fin, o trasladaron á casa dos seus pais. Co cranio fracturado pola brutal malleira quedou en coma, e despois dun mes morreu o 4 de setembro ás 11:00 h.
O día 23/04/1941 apartárono de xeito definitivo como mestre despois dun expediente aberto polo Tribunal de Responsabilidades Políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.