← Volver atrás

Mato Mato, Miguel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 01/01/1919 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 17 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños. Tripulante da motora Rocío.

Fuxido. Encarcerado.

Foxe o día 31/08/1938 na motora Rocío, fuxida que organizou Juan-Ignacio Delgado Criado. Escaparon 29 persoas republicanas desde Malpica de Bergantiños.

Entre os 29 escapados atópanse: Anastasio Aguilar Domínguez, viaxante; Eugenio Amigo Otero, mariñeiro; Pedro Blanco Gómez, mariñeiro; Jesús Blanco Martínez, mariñeiro; José Blanco Martínez, mariñeiro; Pedro Chouciño Fariña, mariñeiro; Juan-Ignacio Delgado Criado, funcionario (organizador); Manuel Graña Blanco, mariñeiro; Pedro Lema Caamaño, médico; Miguel Mato Mato, mariñeiro; Eliseo Novo Veiga, mariñeiro; Gabriel Ordóñez Pose, mariñeiro; Enrique Outeiro Mato, mariñeiro; José Outeiro Mato, mariñeiro; José Pose Casal, mariñeiro; Rogelio Pose Villar, mariñeiro; Ramón Rojo Pazos, mariñeiro; Antonio Rojo Varela, mariñeiro; Ramón Romay Pérez, mariñeiro; Eugenio Salvande Botana, mecánico naval; José Varela Pose, mariñeiro, e Rogelio Villar Romay, mariñeiro.

Estivo en Barcelona na Patrulla de Vixilancia Marítima republicana.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión (evasión da motora Rocío), na causa 2109/38 iniciada no ano 1940, co resultado de sentenza a seis anos e un día de prisión.

No dito xuízo condenaron a 12 anos e un día de cadea a: Jesús Blanco Martínez, José Blanco Martínez, Enrique Outeiro Mato, José Outeiro Mato, Rogelio Pose Villar, Antonio Rojo Varela, Ramón Romay Pérez, José Varela Pose e Rogelio Villar Romay. Castigaron a seis anos e un día a: Eugenio Amigo Otero, Miguel Mato Mato, Eliseo Novo Veiga, Gabriel Ordóñez Pose e José Pose Casal. Sentenzas de sobresemento provisorio para: Pedro Lema Caamaño e Eugenio Salvande Botana. Declararon fuxidos e en rebeldía a: Anastasio Aguilar Domínguez, Pedro Blanco Gómez, Pedro Chouciño Fariña, Juan-Ignacio Delgado Criado, Manuel Graña Blanco, Ramón Rojo Pazos e Manuel Ruiz Arcay.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha