Nacemento:
Morte:
Xornalista e político, 22 anos. A súa nai era galega.
Militante das Xuventudes Comunistas (XXCC) desde 1931.
Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, internárono no Cárcere Modelo de Madrid e liberárono despois do triunfo da Fronte Popular (FP).
Exiliado.
Ramón actuou como delegado do PCE na fronte do Jarama durante a Guerra Civil Española e colaborou en varias emisoras de radio creadas polo PCE. Presidente da FP na capital do Estado en 1937.
Tentou chegar a un acordo co golpista coronel Segismundo Casado López pero non obtivo resposta favorable e estivo a piques de perder a vida. De Madrid pasou a Valencia e, nun barco francés, a Orán (Alxeria), onde as autoridades francesas o ingresaron nun campo de concentración. Logo marchou a Rusia, onde traballou en Radio Moscú (1939-1951).
A partires de entón forma nos grupos de propaganda do PCE no exterior e foi locutor e director de Radio España Independente (Radio Pirenaica). Responsable dos programas radiados para os guerrilleiros e o da idea do programa especial para Galicia. Colaborou con Mundo Obrero.
No ani 1977 regresou a España, onde se instalou de xeito definitivo no ano 1988.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.